O Pazo de Tor é unha construción de estilo barroco situada en Tor, no concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo. O edificio actual foi construído no último terzo do século XVIII, aínda que conserva algún vestixio anterior, tendo as súas orixes na liñaxe dos Garza de Castrillón, no século XIV. Posteriormente foi reformado tralo incendio polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia Española.
Sources: Wikipedia, OpenStreetMap, Wikidata, Wikimedia Commons
Written by Nik Frost
Discuss this with the author and others
No comments yet. Be the first to start the conversation.