The commemorative column of Obelisco dos Cantóns

The commemorative column of Obelisco dos Cantóns

Photo: Fernando Losada Rodríguez / Wikimedia Commons , CC BY-SA 4.0 , resized

Built in 1895 to honor a minister, this Coruña landmark features a clock, weather instruments, and bronze plates recording climatic extremes.

O Obelisco dos Cantóns é un monumento da cidade da Coruña, situado na rúa do Cantón Grande. Construíse en 1895 en memoria de Aureliano Linares Rivas, deputado, senador e ministro compostelán durante a rexencia de María Cristina. A denominación de obelisco, que lle deron, é inexacta, pois o monumento é en realidade unha columna conmemorativa.

En 1893 o concello coruñés creou un comité ad hoc, que decidiu que o monumento non só constituíse unha homenaxe a Linares Rivas, senón que ao tempo tivese utilidade pública, cun reloxo e aparellos meteorolóxicos. O monumento foi proxectado polo mestre de obras Gabriel Vitini Alonso, e a cimentación polo arquitecto municipal Antonio de Mesa. Isto debeuse a que a cimentación foi pagada polo concello coruñés, en tanto que o monumento en si foi erguido a partir da recadación obtida por subscrición popular, e os mestres de obra eran os que proxectaban a maioría de obras privadas nesa época. O monumento foi feito polo construtor José Escudero, que cobrou 1.995 pesetas. Foi inaugurado o 10 de febreiro de 1895.

Na base deste obelisco están gravados en placas de bronce os datos xeográficos e os climáticos extremos da cidade. En 1952, o alcalde Alfonso Molina decidiu aumentar a altura da estrutura xa que os edificios da zona medraran en altura e desmerecían o monumento.

Sources: Wikipedia, OpenStreetMap, Wikidata, Wikimedia Commons

Guide me

Hear this story where it happened, along with the others around it. Say how many days you have and what you are into, and we put together a route through these places, with a voice guide telling each story as you arrive.

Guide me

Written by Nicolo Ciampini

Discuss this with the author and others

No comments yet. Be the first to start the conversation.